Crónica

Gravan varios líderes da Otan burlándose de Trump

Un vídeo colgado na internet mostra a varios líderes da Otan, entre eles os primeiros ministros británico e canadense xunto ao presidente de Francia, burlándose do estilo pouco ortodoxo do presidente de Estados Unidos, Donald Trump, durante unha recepción no palacio de Buckingham. Unha gravación da velada ofrecida por Isabel II atribuída ao pool que capta as imaxes dos mandatarios difundida pola canle canadense CBC, que colgou en Twitter unha versión editada e con subtítulos, visualizada xa por mais de catro millóns de persoas.

No vídeo colgado polo programa canadense Power& Politics, pode verse ao primeiro ministro británico, Boris Johnson, o presidente francés, Emmanuel Macron, o mandatario canadense, Justin Trudeau, co primeiro ministro de Holanda, Mark Rutte e a princesa Ana en círculo aparentemente comentando sobre Trump, aínda que non se lle menciona directamente.

Vestidos de gala e copa en man, óese a Johnson preguntar a Macron: "É por iso que chegaches tarde?", ao que Trudeau contesta en ton xocoso referíndose supostamente á tendencia de Trump a alongarse nas roldas de prensa, o que tamén fixo o martes. Posteriormente, o mesmo primeiro ministro canadense di aos seus colegas: "Os membros do seu equipo quedaron pampos".

Entre tensións internas, os líderes da Otan participan nun debate sobre o futuro da organización, tras asistir a reunións bilaterais e actos protocolarios no palacio de Buckingham e o Goberno británico.