Crónica

A sonda chinesa Chang'e 4 aluniza con éxito na cara oculta da Lúa

A sonda Chang'e 4 alunizou con éxito nas últimas horas (02.26 GMT) na cara oculta da Lúa, a primeira vez na historia que iso se consegue, segundo informou a Administración Nacional do Espazo de China ( Anec). En concreto, tomou terra na conca de Aitken, no polo sur do satélite da Terra. Trátase dun "gran fito da exploración humana do universo". En 1962 unha misión non tripulada estadounidense tentárao sen éxito. A misión realizará tarefas de observación astronómica de radio de baixa frecuencia, análise de terreo e relevo, detección de composición mineral e estrutura da superficie lunar pouco profunda e medición da radiación de neutróns e átomos neutrais para estudar o medio ambiente na cara oculta da Lúa. O obxectivo final do programa é unha misión tripulada a longo prazo, aínda que non se fixou a data para iso e algúns expertos sitúana en torno ao ano 2036.