sábado. 16.11.2019 |
El tiempo
sábado. 16.11.2019
El tiempo

CULTURA

Morre o músico de culto Daniel Johnston aos 58 anos

O polifacético artista Daniel Johnston, coñecido por ser un dos cantautores e artistas visuais máis influentes de Estados Unidos nos oitenta, faleceu aos 58 anos despois de sufrir un ataque ao corazón. O cantante, que tiña problemas mentais como ataques de esquizofrenia e trastorno bipolar, alcanzou a fama  underground grazas á súa música "simple, sincera e infantil", segundo críticos musicais. Cancións como Life in Vain (1998), True Love Will Find You in the End (1985) e Walking the Cow (1983) son algunhas das composicións máis coñecidas do artista californiano.