Cultura

Volve Almodóvar con "Dolor y gloria", a súa película máis sincera e persoal

Antonio Banderas, que se converte no alter ego de Pedro Almodóvar en Dolor y gloria, está convencido de que esta última película do director manchego ten "algo de psicanálise" porque contén "unha procura moi profunda dentro del".   Almodóvar, considera Banderas, "tratou de comunicar cousas moi complicadas a través do cinema, que é a única maneira que utiliza Pedro para tratar co mundo e consigo mesmo. El di que é a súa película máis autobiográfica, pero todas o son ou teñen algo diso. Esta —afirma o actor— é aínda máis íntima".

Comentarios