Deporte General

Hospitalizados nove xogadores dun equipo ao ceder a varanda do bus durante unha celebración

O Enniskerry  GAA, un modesto equipo irlandés de fútbol gaélico, rozou a traxedia este sábado mentres se atopaba celebrando unha vitoria na copa.

O plantel estaba a darse un baño de masas subida encima dun camión que circulaba polas rúas da aldea de Enniskerry, cando unha das varandas cedeu, provocando que boa parte do grupo se precipitase á estrada desde unha altura considerable.

O suceso saldouse con nove xogadores feridos –algúns graves–, que tiveron que ser trasladados a un centro médico, aínda que non se teme pola vida de ninguén.