Galicia

Abel Caballero chega a O Hórreo cun 'dardo' para Feijóo

 

Abel Caballero chanceou este martes á súa chegada ao Parlamento galego coa última vez que acudiu a O Hórreo, en xullo de 2016 para un debate sobre a área metropolitana de Vigo, unha "lei que despois Feijóo rebentou e enganou aos vigueses".

O rexedor olívico, que mantivo ata última hora a incógnita, acudiu finalmente á comisión de investigación do accidente do festival O Marisquiño o pasado agosto, no que máis de 400 persoas resultaron feridas. Antes da súa chegada á Cámara, estivo a pasear por Santiago. VÍDEO: M. G. P.

Comentarios