Un veciño de Sarria de 58 anos faleceu este venres nun accidente de tráfico rexistrado no quilómetro 29,9 da LU-546, á altura da Valiña.
A vítima circulaba nunha motocicleta que foi alcanzada por un turismo que avanzaba en dirección contraria e que viraba cara a un restaurante.
Ata o lugar desprazouse un helicóptero, aínda que os primeiros auxilios foron realizados por efectivos sanitarios dunha ambulancia asistencial que tentaron reanimar á vítima sen éxito.