lunes. 10.08.2020 |
El tiempo
lunes. 10.08.2020
El tiempo

GALICIA

Veterinarios lembran a Jesús Deiros, falecido mentres traballaba nas Nogais

Case un centenar de persoas mobilizáronse este domingo en Lugo para render homenaxe a Jesús Deiros, o veterinario que faleceu nun accidente laboral a finais de maio nas Nogais mentres realizaba unha campaña de saneamento para a Xunta de Galicia a través da empresa Tragsatec. Ademais de lembralo como "bo compañeiro" e lamentar a traxedia da súa morte, os seus colegas de profesión leron un manifesto no que reivindicaron condicións que garantan a seguridade destes profesionais á hora de desempeñar o seu traballo, para que unha morte como esta non se repita. O acto en homenaxe a Deiros celebrouse simultaneamente en Pontevedra e noutras cidades de España. ​VÍDEO: VICTORIA RODRÍGUEZ