Gente

Sharon Stone recrea o seu famoso 'cruzamento de pernas' case tres décadas despois

Sharon Stone, de 61 anos, recreou unha das escenas máis famosas da historia do cinema: a do cruzamento de pernas que protagonizou na película Instinto básico (1992) mentres o seu personaxe, Catherine Tramell, estaba a ser interrogado por axentes de policía.

Fíxoo en Berlín, onde a actriz foi galardoada co premio á Muller do Ano que ofrece a revista GQ. Sobre o escenario, e tras recibir a distinción, Stone reclamou unha cadeira e imitou a postura que lle deu a fama hai agora 27 anos. "Non sabía que ese momento ía cambiar a mila vida", dixo a intérprete no seu discurso, aludindo a como se orixinou a emblemática escena. "Estaba sentada no set de rodaxe e o director – Paul Verhoeven– díxome, podes pasarme as túas bragas? Porque se ven na escena e non deberías levalas postas, pero non veremos nada. E contesteille: claro", narrou Sharon Stone.

Nesta ocasión, iso si, Sharon Stone procurou que non se vise máis da conta...

Comentarios