Vídeos

Un autobús empurra un coche parado nun carril bus

Unha discusión entre o condutor dun autobús e o dun coche detido nun carril bus en Valencia en pleno confinamento acabou co primer vehículo empurrando o segundo. As imaxes, que se fixeron virais, amosan cómo o move varios metros, despois de que o condutor do turismo o desafiase asegurando --segundo algunhas fontes-- "se tes collóns revéntalo, pringao!".