Vídeos

As bruscas manobras dun avión que tentaba aterrar en Xibraltar

Un avión da a compañía  British  Airways procedente de Londres e con destino Xibraltar tivo que aterrar en Málaga despois de que o forte vento lle impedise facelo no Peñón.

As manobras do piloto para controlar a aeronave causaron bruscos  zarandeos do avión no aire que sorprenderon, non só aos pasaxeiros, senón ás persoas que viron o a escena desde terra.

Finalmente, a aterraxe produciuse sen feridos en Málaga e os pasaxeiros foron conducidos ata Xibraltar en autobús

Comentarios