Vídeos

Difunden un vídeo inédito dos atentados do 11-S

A menos dunha semana de que se cumpran 17 anos dos atentados do 11-S en Nova York, o reporteiro Mark LaGanga decidiu difundir un vídeo realizado tras o ataque. A pieza, de case media hora de duración, mostra a angustia e a confusión vivida na zona por parte de cidadáns, bombeiros e persoal sanitario. Sobre o minuto 18, LaGanga capta o momento no que a segunda torre se vén abaixo.