Vídeos

Tres mariachis pagados por Forocoches cantan 'Cielito lindo' na sede de Cs

Usuarios de  Forocoches enviaron á sede nacional de Ciudadanos a un grupo de tres mariachis que entoou a tradicional rancheira Cielito lindo tras o esborralle que a formación laranxa sufriu este domingo. 

A colecta, proposta por un usuario do foro, ascendeu aos 130 euros, e con ese diñeiro sufragouse a contratación dos músicos. A suxerencia inicial incluía ademais que os mariachis levasen unha lastra á sede ou que cantasen unha canción de Malú.