Vídeos

Galicia pon a proba o protocolo de protección para votar o 12-X

Un dos locais de votación de Friol acolleu este xoves unha demostración das medidas de prevención sanitaria recollidas no protocolo elaborado polo Goberno galego para as eleccións do 12 de xullo. Co obxectivo de evitar riscos ante a pandemia de coronavirus, haberá que usar máscara e limpar as mans con xel hidroalcohólico para votar.

VÍDEO: PEPE FERRÍN (AGN)