Vídeos

Levantan un coche para salvar unha nena que acababa de ser atropelada

Unha nena de dous anos foi atropelada na cidade chinesa de Zhangzhou e quedou atrapada baixo a lamia traseira do turismo. Ante os berros desesperados da nai, o condutor detivo o coche e varios peóns achegáronse de inmediato para axudar a levantar o auto e sacar á pequena, que foi trasladada a un hospital próximo. Milagrosamente, a nena non sufriu feridas graves e só presentou algúns rasguños.