Vídeos

Nace un can verde polo efecto da biliverdina

A camada dunha femia de gran danés que pariu hai uns días en Canon, en Estados Unidos, chegou con sorpresa para a súa dona, que se atopou cun can verde entre os nove cachorros. A causa de que teña esa cor é un pigmento chamado biliverdina, que se pode atopar na placenta. O cachorro chámase Verdant, aínda que se prevé que deixe de ser verde nas próximas semanas.