Vídeos

Unha nena cae no foso dos osos panda

Unha nena caeu no zoolóxico de Chengdú, no suroeste de China, no foso dos osos panda. Unha cámara captou o momento. Segundo amosan as imaxes, a pequena intentou escapar mentres un policía trata de rescatala cun pau. O home consigue descolgarse e agarra a tempo á pequena, evitando que o accidente acabe en traxedia.