Vídeos

Un pai e os seus dous fillos dan unha malleira a dous policías polo uso da máscara

Dous axentes que, tras amoestar dúas veces a un mesmo menor por non levar máscara, decidiron levalo á súa casa para informar os seus pais da infracción, acabaron ao final mallados polo pai e un irmán maior do infractor. Ocorreu en plena rúa, en Alhaurín de la Torre, e algúns veciños gravaron a brutal agresión.