O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou este venres o encargo para que a empresa pública Seaga asuma a retirada e destrución dos niños da avispa velutina en toda Galicia, no marco do plan de loita contra esta especie acordado entre a Administración autonómica e a Federación Galega de Municipios e Provincias. O equipo de intervención contará con 80 traballadores.
VÍDEO: PEPE FERRÍN (AGN)