Vídeos

Cazado un condutor xogando cun cubo de Rubik ao volante

A Dirección Xeral de Tráfico puxo en marcha unha campaña que se estenderá ata o domingo para vixiar e concienciar sobre as distraccións ao volante, que provocan o 26% dos accidentes con vítimas mortais e que en 2018 custaron a vida a 446 persoas. Algunhas imprudencias están ata gravadas, como evidencia o vídeo divulgado pola DXT con motivo da campaña. "Conducir e facer o cubo de Rubik ao mesmo tempo non é moi prudente, non cres?", di ante unhas imaxes nas que se ve un 'piloto' dedicado ao cubo a dúas mans.