Vídeos

Un ruso sae fumar no hospital cun coitelo cravado nas costas

O clima ruso fai duro a calquera. Até ao que nace máis débil. Imaxínense ao que sae forte de serie: convérteo nun superhome. Neste vídeo, parece que estamos ante un deses casos. O home atópase no hospital porque lle cravaron un coitelo nas costas. A pesar de que o artefacto continúa introducido no seu corpo, o agredido decide saír a fumar. Quizá aburado polos nervios, quizá vítima dunha adicción que sacaría de couzón a Mercedes Milá, ninguén detén a este ruso (nin sequera o médico) no seu vicio.