Vídeos

Curas portan cascos de obra na primeira misa en Notre Dame tras o incendio

A catedral parisiana de Notre Dame celebrou este domingo a súa primeira misa dous meses despois do incendio que destruiu gran parte do edificio. Unhas 30 persoas foron testemuña da cerimonia, na que tiveron que portar cascos de obra debido a que aínda existe risco de derrubamento.