Vídeos

Susto en Noia: unha árbore cae e está a piques de esmagar un coche

Unha árbore de grandes dimensións que cortaban uns madeireiros desprendeuse este sábado sobre unha estrada de Noia, e un coche que pasaba nese instante pola vía librouse de milagre de sufrir o impacto en plenitude. Só unha ramas alcanzaron o vehículo e non houbo que lamentar danos persoais. Segundo informa a TVG, un cable do tractor que suxeitaba á arbore rompeu e ese foi o motivo da caída.
VÍDEO: CRTVG