Vídeos

"Zara, tes que parar", a campaña viral dunha marca que acusa a Inditex de plaxio

Cunha campaña viral nas redes, a "ameaza" de dedicarlle unha camiseta que diga "Zara, tes que parar", pero sobre todo con humor e retranca, as emprendedoras da marca cubana Clandestina responderon á aparición na cadea española de deseños sospeitosamente parecidos aos seus.

"É o único que nos queda, non temos opción realmente contra Zara. O que si temos é a capacidade de burla e de sacarlle proveito desde o que somos, unha marca cubana con sentido do humor que constantemente estamos loitando contra as adversidades, sacando proveito das situacións negativas", explica a Efe o cerebro creativo da marca, a cubana Idania del Río.