Jaureguizar / O Cabaret Voltaire
Jaureguizar / O Cabaret Voltaire
Jaime de Armiñán. EP

Últimos ventos do furacán Lolita

Vigo nunca foi un plató frecuentado para as longametraxes do século XX. Henry Vorins rodou o seu melodrama shakespirián Maruxa en 1923, pero pasaría medio século ata que Jaime de Armiñán filmase Mi querida señorita. Foi en 1971, cando decidiu meter unha carga explosiva no edificio da moral católica e antiga que mantiña a ditadura.
Mónica Alonso. EP

A pistola amarela que matou a Van Gogh

Mónica Alonso parecía tan sosegada como dicía que estaba. Falamos no MIHL de Lugo, onde ela ingresaba na Academia de Belas Artes. "Non podo estar nerviosa, Jaure. Sinto o amor de tanta xente que nada pode saír mal". Na Idade Media crían que a águia era o unico animal que podería mirar aos ollos do sol, tan amarelo
BAROJA

A festa na que Pío IX paseaba por Londres

O día 5 de novembro gustaríame estar en Londres, pero tócame izar estas velas do periodismo local, o que máis acerta nos cambios de vento. O martes estiven en Ribadeo. Recuperei na casa Apuntaciones sueltas de Inglaterra, onde o xornalista ilustrado Leandro Fernández de Moratín  fai crónica dunha viaxe a Londres no ano 1867.

Unha habitación propia para Annie Ernaux

Convivín coa primeira xeración que foi á universidade. Tardei anos en sabelo. Acabaría o bacherelato e faría unha carreira. Pensaba que era o normal. A miña familia levaba xeracións camiñando sobre a liña marcada. Non me atrevín andar cara a atrás. Presenteime en Santiago en 1983. Entendín a circunstancia trinta nos máis tarde, cando lin El lugar de Annie Ernaux.
Uxio Novoneyra, Saleta Goy e Manuel María

Os tomates verdes, os gatos valentes

Unha persoa acaba definida polo seu enterro. Tardei anos en comprendel. De feito, foi o luns, na despedida a Saleta Goy cando puiden ver a fotografía definitiva de quen foi a muller sobre a que tanto escoitara falar. A viúva de Manuel María era un tema de conversacion literaria. Os sabios seguen pesando a influencia na obra e na figura do seu home.

As semanas e as décadas de León

Alicia Pena foi socorrista. Salvaba bañistas para que non os chamasen afogados. Agora salva persoas para que non se afundan nas súas frustracións. Debuxante de cómic, publica este mes Gallina clueca, sobre a experiencia erma da maternidade asistida. A moeda non cae sempre da cara da maternidade.
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library

Os baños solitarios de Luís Rei Núñez

Luís Rei Núñez vive a desmán. Vai entregando libros de tanto interese como recepción opaca. Luís aceptou o seu tempo e o seu lugar, así que aproveita o verán para solearse entre Pontevedra e Muros. "Gústame a praia. En Pontevedra non vou porque hai moito coche. En Muros vou cedo pola mañá e teño calas para min so"
Berio Molina toca unha bucina na terraza do CGAC. VIRGINIA POLKE

Un barco varado no CGAC de Compostela

Os petroleiros nunca regresan a porto. Devalan en equilibrio sobre a liña verde do horizonte. Podes velos pasar ignorándote no seu anonimato. Onte sentín un barco varado no centro de Santiago. Fixo soar unha bucina, grave e poderosa, que expandeu o anuncio de que zarpaba como unha botella de aceite en cristal que cae dende a mesa da cociña.
Chicho

Boyanka Kostova canta coas rás na eira

Todos os camiños da música galega levan a Chicho. Así que volvo marcar o seu número como cando falei con el por Ortiga ou como cando falei con el por Los Rastreadores. Agora foi a quenda de preguntarlle polo novo disco de Boyanka Kostaya, Ranaeira. Aprendín o número de memoria. Empeza por 6..., etc.
Jesús Otero Yglesias

As dúas picas de Otero Yglesias en Flandres

Otero Yglesias debe ser convocado. Pasaran anos sen velo. Lugo son 67 casas atadas por unha muralla, pero tardas en ver a Jesús. Abriu unha exposición na sede lucense da Xunta, así que decidín convocalo a un café. El vive na Calzada da Ponte, unha rúa que inclina o peito cara ao Miño; dentro da cidade, a un salto de río de chegar ao campo
Blanca Riestra. JORGE ZAPATA (EFE)

Os anxos tristes que sobrevoan A Coruña

Blanca e máis eu falamos da Coruña. Ela habítaa: "Un sempre escribe sobre si mesmo, e cando escribe sobre a súa propia cidadela lembrada". A Coruña é a miña cidadela frecuentada dende neno. Sobre A Coruña ás veces soño que, na maior fondura da notie, esperta o vento de Riazor e botase a correr polo Orzán ata chegar canso a Lugo, onde queda durmido.
Marta Pazos

Marta Pazos no Campo de Figos

Hai unha exposición Galicia Futura, que anda polo país. Marta Pazos fixo a obra Campo de Figos. É un cuarto púrpura con figos plantados nas paredes dunha habitación. Ao entrar na instalación pensei en que podería ser unha ilustración en tres dimensións polas cores e polo tamaño dos froitos.
Eloy Domínguez. EP

O Sol marcha comprar tabaco

Hai un día en inverno en que o Sol desparece polo horizonte do Ártico como se fose comprar tabaco. Non chaman á policía sueca nin escriben unha novela de misterio porque saben que volverá cando pasen dous meses. Ten esa cousa. Eloy Domínguez contoume o luns que fletan un barco para ir despedilo.
EP:

Artistas do insomnio no Almas Perdidas

Agora noin lembro se visitei unha ou dúas veces a casa de Julián Hernández. Recordo que tiña unhas leitugas para sementar, o que se fai na primavera, e recordo que Joe Hardy morreu aos poucos días de reunirme coa voz de Siniestro Total. Mesmo ten agora, cando a banda anuncia o derradeiro concerto neste maio
Juan Tallón. LAURA ORTEGA

O aceiro oxidado das alcachofas

Irene Olarte empezou a pintar alcachofas. Son máis complexas que os limóns. Os limóns son ovalados e lisos. As alcachofas teñen follas, que implica distintas superficies, rugosidades e sombras. Non é tan fácil, supoño; eu debuxo con frescura: igual que aos 5 anos. Por iso pregunto por Irene a Xermán Refojo, para saber cómo nace un artista.
Antón Reixa. ELISEO TRIGO (AEP)

A primavera e as margaridas en Reixa

Os Patinadores Austríacos teñen tanto de verdade como de mentira. Son patinadores porque son rapaces que xogan ao hockey sobre un lago xeado, pero é improbable que sexan austríacos porque hai unha camioneta dos anos 40 estacionada xunto ao lago, coas rodas medio cubertas de neve, que carga caixas de Coca Cola.
Brais Lorenzo /BRAIS LORENZO

Brais Lorenzo fai a rolda de noite

As luces están mal repartidas. Vigo nunca durme, coma o Nova York de Frank Sinatra; Beirut camiña ás apalpadas. Brais Lorenzo chega de Vigo e cóntame que, ás veces, as luces de Vigo tamén se desmaian causando que o Nadal perda a conciencia por uns minutos en todo o planeta.
Carlos Valcárcel. VICTORIA RODRÍGUEZ

Carlos Valcárcel despídese facendo fotos desde a cama

A  miña muller atopou "un cadáver" na miña mochila. Lévoa para transportar libros lixeiros por se teño un momento para ler. Ese momento é coma O Unicornio do Courel: existe, pero ninguén cabalgou nel. Gústame o recendo a mazás cando abro a mochila, pero a que extraeu a muller da mochila parecía máis un coche coa carrocería escurecida nun desguace.
Daniel Salgado. XESÚS PONTE

A brisa de tabaco que sopraba nos cafés

Daniel dime que o seu fillo fala moito. "Da mañá á noite". Estou en La Modernita tomando café. Na mesa de enfronte tres vellos comen callos e esquecen os viños que pediron Teñen un historial médico de moitas páxinas que poñer ao día. O fillo de Dani ten dous anos, pouco historial puido escribir nese tempo.
Brigitte Vasallo. EP

A inquedanza do xinete sobe ao cabalo

O outono sorpréndeme en camiseta. Non me inmuto. Abondan cunha brisa fresca e unha néboa que pinga para que a miña muller atope unha excusa para cambiar o levísimo edredón de verán pola pesadez esteparia do edredón invernal. Pésame coma se unha banda de gansos estivese pisoteándome toda a noite.