lunes. 13.07.2020 |
El tiempo
lunes. 13.07.2020
El tiempo

A vaca e o político

Feijóo, Caballero, Pontón e Toni Cantó, con vacas. ARQUIVO
Feijóo, Caballero, Pontón e Toni Cantó, con vacas. ARQUIVO
Nótase xa o bulebule das eleccións, esa época fermosa na que cada candidato saca varias fotos a carón dunha vaca para que saibamos canto lle preocupa o rural. Campaña tras campaña, a mesma imaxe. Non falla. Distinto político, distinta vaca, pero a mesma impostura do home traxeado que camiña con pé de urbanita sobre o cortello enlamado. Había outra instantánea tipicamente electoral que agora desapareceu: a da rotonda inaugurada entre grandes fastos. Unha mágoa. Pero non se preocupen. Os directores de campaña sempre sorprenden con novas ideas para seducir a votantes desprevidos. E de seguro que o 12-X nos deixará outro álbum inesquecible de políticos xogando a parecer humanos.

A vaca e o político
Comentarios