lunes. 30.11.2020 |
El tiempo
lunes. 30.11.2020
El tiempo

Entrevista 'fake' con Feijóo

Premio Pulitzer.
Premio Pulitzer.
ONTE SOÑEI que entrevistaba a Feijóo e me daba un dos mellores titulares da miña carreira: "Después de comer siempre me echo dos pitis". Mentres el seguía falando, a miña cabeza xa maquinaba na portada do xornal do día seguinte con aquela confesión que, a todas luces, sacudiría a política galega. Feijóo, espléndido coma nos seus mellores Consellos da Xunta, aínda me regalaría outro: "Desde pequeñito soy del Barça, a muerte". Era unha bomba. Que presidente galego soña con Messi antes que con Aspas? Cando xa me visualizaba recollendo un Pulitzer incontestable, caín na conta de que a maldita gravadora estaba apagada. E o Pulitzer, que xa alzaba coas miñas mans, convertíase en cuestión de segundos no balance diario do Sergas sobre o coronavirus.

Entrevista 'fake' con Feijóo
Comentarios