sábado. 30.05.2020 |
El tiempo
sábado. 30.05.2020
El tiempo

Impostores somos todos

Pablo Iglesias e Felipe VI. BALLESTEROS
Pablo Iglesias e Felipe VI. BALLESTEROS
TODOS SOMOS impostores, vaia por diante. Botamos perfume pola mañá para agochar os olores da noite, peiteámonos para non asemellar ourizos cachos, pasámoslle o ferro á camisa porque as engurras son de pobres, pintamos os beizos, poñemos aneis e colares, sorrimos aínda que teñamos ganas de chorar, encollemos o bandullo e empolicámonos no bico do zapatos para saír na foto, marcamos paquete, mercamos iphones e pagamos a rolda no bar asegurándonos de que se entere toda a veciñanza. Facemos de todo con tal de non amosármonos como somos en estado natural: sucios, fedorentos, desleixados, miserentos. Humanos, en definitiva. Incluso ás veces dicimos que imos derrocar o Rei e logo acabamos aplaudindo a toda a monarquía.

Impostores somos todos
Comentarios