Opinión

Moito que sachar

No que vai de 2020, unha muller foi asasinada cada catro días a mans da súa parella ou exparella en España. Lin un artigo moi interesante e clarificador dos doutores en Dereito Luís Villavicencio e Alejandra Zúñiga. Explican que a violencia e marxinación das mulleres é unha realidade transversal, xa que se presenta en todos os países do mundo con independencia do seu nivel de desenvolvemento. Inciden tamén en que para comprender este fenómeno débese analizar o modo en que o xénero opera como unha forma de opresión subxacente á propia estrutura das nosas sociedades, á forma en que repartimos o poder, organizamos o Estado e incluso á maneira en que comprendemos o Dereito. Xa que logo, aínda queda moito que sachar todos xuntos para eliminar este mal da nosa terriña.

Comentarios