viernes. 10.07.2020 |
El tiempo
viernes. 10.07.2020
El tiempo

Reloxos brandos, formigas nos pés

O debut de Nazaret López na narrativa déixanos unha valente e arriscada novela na que unha muller se coloca no albo dunha sociedade chea de prexuizos e eivas asumidas como parte dela mesma, e que sitúan á protagonista nun proceso de ruptura sentimental baixo unha lupa colectiva.

Nazaret López.
Nazaret López.

TODO MUDA dentro dun proceso de confusión e desalento. Estámolo a comprobar nestes días co noso confinamento; pero calquera, ante unha situación na que a vida, a túa vida, salta polos aires, pode chegar a sufrilo dun xeito máis intenso, dende o individual e coa indolencia do resto da sociedade, que tal e como acontece neste tempo de desasosego colectivo.

Formigas nos pés é a primeira novela da xornalista Nazaret López que, ao acubillo da editorial Xerais, chega ás nosas mans para atoparnos cunha novela dunha gran intensidade, pero tamén de experimentación persoal fronte á unha situación moi concreta. É quen de envorcar toda unha vida nela, de converter o día a día nunha montaña rusa de sensacións e experiencias que se percorren coa mirada íntima da protagonista ante un mundo en derrubo. Ese feito concreto que emprega como lévedo é a ruptura sentmiental dunha muller na cincuentena, un complexo instante vital, non tanto pola súa propia situación e consideración de seu, senón por cómo esta sociedade marca e define unha serie de liñas arredor dese feito, que se entende de xeito diferente entre o home e a muller.

O tempo deixa de ser o que é. Un itinerario unidireccional converténdose nunha alteridade do cotiá, unha confusión de sentimentos que o transforman nalgo mol, como aqueles reloxes dalinianos. Perturba unha protagonista que entende cada acto do cotiá, cada movemento da súa existencia, que anterioremente era un feito livián, coma unha aventura chea de dor e de medos. Un desprazamento en coche, a anulación dunha tarxeta de crédito... convértense en maneiras de despedirse dos afectos, o desterro dos anos compartidos, os anos felices ollando enfite ao tempo presente.

Un tremor que percorre a pel e que o lector percibe a través dunha escrita breve, de frases curtas que, como axitadas respiracións, nos fan percorrer o que esa muller sente fronte a un espello que lonxe de limitarse ao espazo íntimo dun baño ou dun cuarto ábrese a toda a sociedade para radiografarnos tamén a nós. Esa mesma sociedade que enche de etiquetas ás persoas en función da situación na vida, e, aínda máis á muller fronte ao home. Refráns, frases feitas, adxectivos que veñen xa de vello e que a nosa cultura incorporou no seu seo e que abeizoadamente está nestes últimos tempos nun fondo proceso de revisión que está a mudar eses comportamentos profundamente machistas.

Amigas anónimas, só nomeadas por algunha característica, familiares, mudanzas, a substituta, suturas das feridas, aloumiños a base de pinceladas, amarguras pendentes, unha copa de viño, unha conversa e música, moita música.

Moitos dos capítulos do libro veñen con banda sonora, coa música do vivido nese momento

Moitos dos capítulos do libro veñen con banda sonora, coa música do vivido nese momento no que unha canción é unha enrruga na alma, pousada dende que o amor enfermou. Facer do cotiá o rastro de pegadas polo que reconstruír unha historia de desacougos é unha das achegas deste texto. Sentir en cada obxecto da nosa vida o paso das vidas que durante un tempo compartiron ese intre do que un rastro é a evidencia do vivido, tamén do sentido e agora do perdido. Neste conxunto de textos fiados dende ese tempo, que non deixa de acelerar co seu esmagador tic tac, tic tac, somos quen de sentir ese desfiuzamento do amor, a perda dunha relación entendida como eterna e que freou en seco deixando fronte as sinais desa pegada no chan un abismo ante o que todo semella xa imposible.

Estamos ante unha inmellorable maneira de arrincar unha traxectoria literaria, un texto que explora novas posibilidades do literario e que non se move por seguridades na escrita, que sería o sinxelo nesta obra inaugural. Nazaret López amosa un pulso cheo de vida, porque de vida é do que se fala neste texto que fai do femi

Reloxos brandos, formigas nos pés
Comentarios