lunes. 18.11.2019 |
El tiempo
lunes. 18.11.2019
El tiempo

A arte política da apariencia

ESTÁ considerado como dogma que a política é a arte da negociación, pero arredor do proceso para a elección de Pedro Sánchez como presidente do Goberno parece que en vez diso é a destreza para a aparencia. O PSOE precisa a Podemos pero pretende aparentar que un pequeno achegamento con Cs lle sería suficiente, ou incluso co PP. Este á súa vez rexeita que os socialistas acepten os votos dos independentistas de ERC e de Bildu para evitar novas eleccións e para iso ofrécelle os deputados de Navarra Suma, coalición composta por PP e Cs, pero así aparenta que populares e cidadáns non facilitan a continuidade do seu principal rival na Moncloa. E máis aparencias, desta volta nas comunidades autónomas. Cs aparenta non querer saber nada con Vox, pero require os seus votos para formar gobernos co PP, e para iso reclámalle ao partido ultradereitista que non os bloquee. É un querer, pero que non se note, como un sibilino arte de aparencia.

A arte política da apariencia
Comentarios