Miércoles. 20.06.2018 |
El tiempo
Miércoles. 20.06.2018
El tiempo

A rebelión dos xubilados

OS XUBILADOS, ou estaban satisfeitos como colectivo (podía ser, en comparación cos parados e coa maioría dos traballadores, que se continuaban empregados viron perder poder adquisitivo e dereitos) ou desorganizados (é difícil poñer en orde un grupo tan diverso) ou atemorizados (a idade fainos máis asustadizos ante calquera alteración). Pero todo mudou para desesperación do Goberno, que nin nas peores previsións podía aventurar a arremetida dos maiores, que representan unha terceira parte dos votantes e con inclinación preferente cara o partido que sustenta o Executivo. Perder este caladoiro sería sinónimo de abandono da Moncloa. Por iso a presurosa reacción, ante imprevistas e en algures masivas concentracións, se ben insuficiente para calmar tanta indignación contida. É a rebelión súbita dun colectivo case sempre silente e coa que agora o Goberno desespera.

A rebelión dos xubilados
Comentarios