sábado. 24.08.2019 |
El tiempo
sábado. 24.08.2019
El tiempo

Ameaza de multa

É O RISCO DO progreso. As institucións teñen que tomar medidas para evitar sobrepasar os niveis de contaminación. Se non, multa. España está nese risco se non hai unha decisión urxente, sobre todo para as dúas principais áreas metropolitanas. Xa se librou hai un ano porque a Comisión Europea entendeu que se estaba no boa liña, pero a decisión de eliminar Madrid Central (se o novo alcalde consegue cumprir a súa promesa electoral) é un retroceso que as autoridades comunitarias non aceptarán.

A medida estrela do PP, a de reverter a decisión de Carmena, bateu primeiro contra os tribunais e agora contra Europa, pero politicamente xa deu o seu resultado grazas a quen defende que as cidades son para os coches en vez de para os cidadáns. Como un efecto bolboreta, a idea de suprimir un espazo que pretendía ser un pulmón para Madrid notouse en Bruxelas, que é intransixente coa contaminación atmosférica. Pero á maioría de madrileños dálles igual, polo visto.

Ameaza de multa