jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

Bandazos

ESTAS eleccións, as máis cercanas, non son tanto de partido como de persoa, aínda que a estrutura de cada formación evidentemente inflúa, xunto cos adeptos que votan sigla independentemente de quen encabece a lista. Pero os que gañan as eleccións non son os fieis, senón os que cambian de papeleta segundo as circunstancias. E as circunstancias agora favorecen  ao PSOE e castigan o PP, e Casado cos seus xiros logo dunha anterior campaña electoral errática non axuda á recuperación de alcaldías nin a manter comunidades tan emblemáticas como a de Madrid, onde situou como cabeza de cartel a quen defende os atascos como emblema da cidade e que o concibido non nacido sexa tido en conta como membro da unidade familiar, entre outras ocorrencias. E vendo os bandazos e a inconsistencia do líder, algúns aspirantes prefiren renegar do partido: “Non son do PP, son de Albiol”, di a campaña do candidato en Badalona. E que dicir un día o distinto do anterior ten as súas consecuencias.

Bandazos
Comentarios