Opinión

Bocata de forgendros

NON ERAN indixestos, senón fáciles de asimilar os forgendros repartidos a esgallo para escarnio social e político, un embate continuo de desencanto nuns personaxes que deixaron neoloxismos asumidos pola RAE cando ninguén podía sospeitar que se chegara a aceptación común tras o primeiro bocata (comestible polisémico ao espazo circundado por trazo groso das súas viñetas).

Porque Forges non só fraguou celebridades coma os entrañables Mariano ou Concha, innovou na linguaxe, e aí quedan bocata, tocata ou maromo, aínda que outros vocablos que ben puideran non chegaron á academia, como esnafrarse, chiscadela ao galego que usou de cando en vez. E sempre con sutileza, que non evitou ter que ocultarse temporalmente para evitar represalias da Policía e da extrema dereita na Transición. Porque daquela e agora o humor pode ser máis temido que as labazadas.

Comentarios