viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

Boicots e outras intolerancias

CADA ACTO que non gusta, boicot. Busca de masa para castigar a quen non actúe coma se agarda del. Recurso á obstrución como método expiatorio de culpa por non comungar co establecido. Que unha empresa é proclive á independencia de Cataluña, boicot aos seus produtos, para que deixe de selo. Que unha compañía abandona a mesma comunidade porque se opón aos plans soberanistas, represalia da outra parte para que sufra unha caída de clientes ou consumidores e así se reconduza pola boa senda. Son comportamentos primarios de nula efectividade, porque non conseguen cambiar a tendencia, unicamente lesionar economicamente e turbiar a convivencia. Igual que o boicot agora a un humorista que moquea nunha bandeira nunha escena de dubidoso gusto e escasa graza. Crece a crispación e parecen máis diverxentes as dúas Españas, ou máis das existentes, cando outrora a tolerancia gañara terreo. Agora enseñoréase o enfrontamento.

Boicots e outras intolerancias
Comentarios