jueves. 12.12.2019 |
El tiempo
jueves. 12.12.2019
El tiempo

Cambiou a lei electoral pero non o anacronismo

A LEI ELECTORAL está chea de anacronismos. Sen entrar xa nos defectos de representación, facilmente corrixibles se houbera vontade, pero ás dúas patas do vello bipartidismo non lles interesa. Dous exemplos: o PSOE conseguiu máis do 35% dos deputados con menos do 29% dos votos e Navarra Suma alcanzou dous escanos co 0,41% mentres que Pacma non entrou no Congreso co 1,25%. Á parte diso, un dos apartados máis improcedentes é a limitación de ofrecer resultados de enquisas. Desde o luns anterior á votación non se pode coñecer como está a intención electoral, como unha falsa neutralidade. Tampouco os políticos poden facer campaña desde o sábado previo á xornada de urnas, como se así os cidadáns dispuxeran de asepsia absoluta para reflexionar e decidir o sufraxio. Cando se cambiou a lei para que nunha repetición por lexislatura fallida como esta só haxa unha semana de campaña ben se puideron eliminar outros anacronismos. Pero non.

Cambiou a lei electoral pero non o anacronismo
Comentarios