martes. 16.07.2019 |
El tiempo
martes. 16.07.2019
El tiempo

A campaña continúa case igual

XA PASARON os debates e a campaña segue, pero queda pouco, e quen parte como favorito saíu indemne da dobre cita televisiva. Evitou Sánchez o cara a cara con Casado, que sería máis lesivo que entre catro, aínda que o presidente prefería cinco, pero certamente non era lóxico que participara un partido aínda extraparlamentario e que hai tres anos só sumou unha sexta parte do que colleitou o Partido Animalista. Casado e Rivera anúlanse entre eles por máis que o principal rival sexa un terceiro. A moderación do líder popular no primeiro debate deulle un pulo que no de onte, máis en liña coa campaña, non quixo manter. O volátil Rivera, plano a miúdo, moi belicoso o martes, perdeuse en fogueo sen gañar en crédito. E Iglesias, aínda que convincente ás veces e o único que tentou fuxir do bulleiro, tivo complicado convencer para evitar a fuga cara o PSOE. Así, case todo continúa igual, e o martes foi máis real que o luns.

A campaña continúa case igual
Comentarios