viernes. 15.11.2019 |
El tiempo
viernes. 15.11.2019
El tiempo

Cataluña e Franco, dá igual onde falen

DÁ IGUAL QUE que estean na Coruña ou en Murcia, en Zamora ou en Almería. Os dirixentes de todos os partidos españois falan do mesmo, de Cataluña. Hai uns días estiveron por Galicia Inés Arrimadas e Íñigo Errejón, e máis recentemente Pedro Sánchez e o asunto que centrou ou seus discursos foi a da comunidade díscola, o que amosa ás claras que coa súa estratexia catalá buscan votos no resto do país. Nin unha chiscadela a onde se atopaban. E témome que cando veñan líderes dos partidos que faltan por pasarse por aquí, ou incluso se repiten os que xa estiveron, insistan co mesmo argumentario. Os socialistas xa o deixaron claro: os temas de campaña serán Cataluña e Franco, e con eles estimular nos electores o medo á ultradereita que as enquisas dan en auxe upada tamén polo conflito catalán. A resposta ao independentismo é clave nesta campaña, e o PSOE considera que a moderación con que a leva lle dará votos; iso e Franco.

Cataluña e Franco, dá igual onde falen
Comentarios