sábado. 16.11.2019 |
El tiempo
sábado. 16.11.2019
El tiempo

Catro meses inútiles de intermediación

RESULTARON BALDÍOS os esforzos intermediadores de Urkullu, por culpa dos dous interlocutores, aínda que quen acabou rachando foi Puigdemont a pesar de ser máis receptivo que Rajoy. Este é o resumo do que xa se sospeitaba, pero que o lendakari referendou no xuízo polo procés e ao ex-presidente español lle custou un mundo asumir na súa declaración.

Os partidos á dereita do PSOE utilizaron a figura do relator nun hipotético contacto institucional entre Cataluña e España para arremeter contra Sánchez, cando o Goberno anterior recorreu a un negociador para intentar resolver o conflito, algo usual por moi grave que sexa a situación, como ocorrera en tempos con Eta. Porque as posturas maximalistas non solucionan, aínda que sexan condenados os líderes independentistas, pasen unha boa tempada na cadea e se aplique indefinidamente o artigo 155, porque o único resultado da derrota que algúns alentan sería enquistar o asunto, non solventalo.

Catro meses inútiles de intermediación
Comentarios