viernes. 07.08.2020 |
El tiempo
viernes. 07.08.2020
El tiempo

Claro que nos representan

É TENDENCIA QUEIXARSE dos políticos, por sistema; incluso voces estridentes proclaman que non nos representan. Pero si, claro que nos representan. Porque hai xente que insulta, e no Parlamento nesta lexislatura é máis habitual có debate sosegado. Tamén hai dialogantes, que non erguen a voz e poñen mesura, recoñecibles nun grupo dunha comunidade norteña. E os de aire de superioridade, que no Congreso teñen como abandeirado un líder exprofesor universitario.

De sempre hai matóns na sociedade, ameazantes, reflectidos nos últimos en chegar. E mentiráns, ou polo menos que non din toda a verdade, coma un ministro, aínda que como dicía Nietzsche, os feitos non existen, só as interpretacións. Os troleiros terían como paladín o partido extremista campión na fabricación de fakes. E os volubles, cambiantes de criterio segundo veña o vento, personalizados en quen na pandemia un día dicía o contrario que o anterior. Desde logo representan a cidadanía.

Claro que nos representan