viernes. 14.08.2020 |
El tiempo
viernes. 14.08.2020
El tiempo

Colaboración entre institucións

COMO o coronavirus tápao todo, incluída a decisión do Rei de apartar ao emérito por temor a que se converta nun perigoso foco de infección, as demais noticias, das poucas que se producen estes días, pasan pouco advertidas. Unha delas foi o chanzo que deu a Ribeira Sacra para ser declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. A falta de un, o definitivo, que se nada o torce será o ano que vén, todo está encamiñado a que esta comarca galega biprovincial separada polos seus grandes ríos se sume a Santiago, os camiños xacobeos, a muralla de Lugo e a torre de Hércules, e grazas á colaboración entre institucións. Esa, á parte do logro que representará a declaración para o sur lucense e o norte ourensán, é a principal lectura do proceso. Concellos, deputacións, Xunta e sociedade civil traballaron conxuntamente en vez de entorpecerse nun exemplo de cooperación. Debería ser paradigma, pero incluso en crises como a de agora non ocorre.

Colaboración entre institucións
Comentarios