miércoles. 21.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 21.10.2020
El tiempo

Condena firme, interpretación variable

Estabamos acostumados a que os partidos interpretasen ao seu favor calquera resultado electoral. Aínda que sexa estridentemente negativo, sempre hai algo ao que agarrarse para saír ante a cidadanía como vencedor. Os comicios xerais de hai un ano foron paradigmáticos: o PSOE vangloriábase de quedar primeiro, Podemos de que podía entrar no Goberno a pesar do descenso e PP e Vox que subiron en comparanza coa anterior convocatoria. O desconcertante é a interpretación de sentenzas xudiciais. O Supremo ratifica practicamente todo o fallo da Audiencia no caso Gürtel excepto algún parágrafo nas preto de dúas mil páxinas, pero o PP entende que non se probou a corrupción do partido a pesar das elevadas penas do extesoureiro Bárcenas e de outros ex altos cargos do partido; aínda que se manteña a responsabilidade civil a título lucrativo e que se beneficiou da rede liderada por Correa. Cada un interpreta como pode, a pesar das condenas firmes.

Condena firme, interpretación variable
Comentarios