domingo. 15.12.2019 |
El tiempo
domingo. 15.12.2019
El tiempo

O cordón sanitario afogou a súa ambición

A ambición acabou con Rivera. Esa que reflectía a falta de consistencia, o veletismo que o levaba a un argumento e o contrario segundo interese electoral mal trazado. Pensaba así chegar a presidente do Goberno, en vez de conformarse coa vicepresidencia que puido ocupar e manterse indefinidamente desde a transversalidade que lle permitiría pactos co PP e co PSOE, como xa tivo en institucións municipais e autonómicas. Non quixo retratarse nos partidos liberais europeos bisagra, ao entender que podía acaparar integramente o espazo que viñan deixando os populares, que para iso foi creado co apoio de poderes fácticos que vían esmorecer o referente da dereita escachado pola corrupción. Pero o PP aguantou, e pola outra banda Vox gañou terreo, co que apenas quedaba lugar no que asentarse, e todo en medio ano, no que pasou de superar catro millóns de votos á irrelevancia. Tanto cordón sanitario, sobre todo co PSOE, acabou por afogalo.

O cordón sanitario afogou a súa ambición
Comentarios