Opinión

Cortesía fronte a falta de respecto

DEBERÍA entrar dentro da normalidade a relación institucional, e a poder ser boa, entre gobernos, central, autonómicos, locais, todos, e polo menos que exista respecto entre eles, algo que uns cantos rebasan para entrar nos desplantes, os malos modos ou as palabras malsoantes, inaceptables para os representantes cidadáns nun sistema democrático por moito que haxa distancias ideolóxicas quilométricas ou formulacións radicais insalvables.

Unha reunión entre presidentes nunca pode ser negativa, por moito que a Torra lle queden uns meses no Govern e algúns rivais xa non o consideren logo da sentenza inhabilitadora, pero en realidade ata que se solvente o recurso no Supremo nada cambia, é o interlocutor, aínda que haxa desconfianza. Sánchez vén de ser recibido por el con honores, un contraste con hai catro meses, cando tamén en Barcelona saíu apupado. As diferencias non deben estar enfrontadas á cortesía institucional. 

Comentarios