lunes. 21.10.2019 |
El tiempo
lunes. 21.10.2019
El tiempo

Descolocados para volver ao lugar de partida

UN EFECTO bolboreta é o que provocou Ciudadanos coa posibilidade de abstención á investidura de Sánchez, cambio radical desde a posición antagónica que mantiña nos últimos meses como estratexia para liderar a dereita. Reviravolta de cara a un posible pacto co PSOE logo do 10-N. O seu movemento levou aparellado o doutros ata que se recuou para volver ao lugar de inicio. O PP quedou descentrado, sopesou as posibilidades de evitar a convocatoria ás urnas pero a evolución da partida levouno ao principio. Podemos ata chegou a plantearse votar en contra chegado o momento se Cs se abstiña para situarse outra vez na demanda de coalición. E o PSOE, que viu a posibilidade de seguir no Goberno sen atarse ao partido de Iglesias, recuperou a postura inamovida desde a investidura fallida de defender apoio externo sen contraprestacións. E os días pasan e os contendentes móvense máis por interese electoral para o 10-N que polo desbloqueo institucional.

Descolocados para volver ao lugar de partida
Comentarios