Opinión

Desigualdade de xénero, problema social

HAI XENTE que pensa que o feminismo son mulleres anoxadas, pero é moito máis, o feminismo é loita contra a desigualdade, que representa un problema económico e social que é preciso resolver. É evidente, pero de cando en vez hai que recordalo, como vén de facer a escritora arxentina Mercedes D"Alessandro no seu ensaio Economía feminista, no que incide en que é imprescindible tamén a redistribución de tarefas domésticas e igualar a porcentaxe que agora recae nas mulleres nun 70-30. A estas amas de casa a economista Heather Boushey considéraas "socio oculto do capitalismo", polo seu traballo non remunerado que fai funcionar o sistema "de xeito gratuíto". Son eivas que a sociedade necesita resolver e non só para beneficio da metade, senón de toda, por moito que atope en fronte un machismo rancio aínda moi estendido, tanto que incluso se enseñorea en gobernos como o de Trump.

Comentarios