lunes. 06.04.2020 |
El tiempo
lunes. 06.04.2020
El tiempo

Deslexitima que algo queda

USURPADOR, ilexítimo. Así ve o novo líder do PP ao novo presidente do Goberno. O que non é novo é que un sector político e social considere intruso calquera que non sexa dos seus. Na súa deriva extremista, suponse que para atraer electorado potencialmente tendente a Vox, Casado cualifica de golpista a Sánchez. É o que ten situar a aguillada da agresividade dialéctica a tanta altura, que tende a subirse máis. Uns días despois de acusar ao Goberno de negociar orzamentos con golpistas e terroristas, eleva o ton. Non acepta o PP un presidente igual de lexítimo có anterior, elixido polo mesmo Parlamento có anterior, e espalla a mensaxe de que non foi votado pola cidadanía, do mesmo xeito có anterior, porque o sistema que temos é indirecto. Elíxense 350 deputados que deciden o presidente. Iso agora, o anterior e o anterior e así desde hai corenta anos, como marca a Constitución. Zapatero tamén foi deslexitimado, Sánchez non ía ser menos.

Deslexitima que algo queda
Comentarios