domingo. 15.12.2019 |
El tiempo
domingo. 15.12.2019
El tiempo

Diferencias de trato informativo

INFORMATIVAMENTE non é o mesmo o sucedido en Galicia ou en China. Un morto de forma violenta aquí acapara titulares e outro aló nin sequera vai nun breve, a non ser que estea rodeado de excepcionalidades. Cuestión de cercanía. Pero un falecido a mans da policía en Colombia debería ser similar se sucede na próxima Bolivia, pero polo visto non son iguais. Un rapaz acaba de perder a vida tras ser ferido de gravidade en protestas contra o Goberno en Bogotá. Ata hai medios nos que a noticia se acompaña da súa fotografía. Días atrás nove indíxenas enfrontados aos militares que colaboraron en apartar a Morales do poder recibiron en Cochabamba disparos mortais, tres deles na caluga, pero isto apenas transcendeu en España. Hai pouco tempo no mundo case non existía outro país máis que Venezuela, e agora desapareceu sen que mudara a situación. Son diferencias informativamente inxustificables, pero facilmente explicables.

Diferencias de trato informativo
Comentarios