lunes. 30.03.2020 |
El tiempo
lunes. 30.03.2020
El tiempo

Divisións, unhas máis evidentes que outras

CASE TODOS os partidos ofrecen escasa cohesión, algunhas veces por personalismos e outras por posicións políticas. Si é certo que as divisións fanse máis evidentes nuns que noutros. A fractura exteriorizada en Podemos na Asemblea Cidadá de hai un ano escachou co achegamento de Errejón a Carmena, pero o conflito interno e con algunhas confluencias vén de lonxe.

O enfrontamento no seo socialista entre Pedro Sánchez e os seus con Susana díaz e quen a segue a pesar do seu fracaso electoral non estoura de momento por sustentar o partido o Goberno central. E nun descolocado PP, eufórico pola presidencia andaluza pero ameazado polos dous flancos, non atopa camiño recto pois cada paso que dá perde unidades, como agora o ex-presidente balear Bauzá ou hai pouco un nutrido grupo de militantes madrileños descontentos. A atomización do arco parlamentario e as tensións políticas evidencian desencontros e, o que é peor, provocan inestabilidade.

Divisións, unhas máis evidentes que outras
Comentarios